Escudo Concello de Vigo

Acceso aos Autobuses Urbanos con Scooter PMR

Solicitude de acceso con scooter aos autobuses urbanos para persoas con discapacidade superior ao 33% con mobilidade reducida.

A quen está dirixido

- Persoas con discapacidade superior ó 33%, en cuxo certificado conste “dificultade na mobilidade”.

- Peso máximo admitido: a suma do peso de usuario/a e do scooter non pode superar os 300 Kg.

- Dimensións máximas do vehículo: non superiores a 1,05m de longo.

Como facelo

Consulte toda a información e documentación requirida no "documento de accesibilidade con scooters",

Presencialmente

A documentación requirida debe entregarse nas oficinas centrais da empresa (Estrada Camposancos 36 – 36213 Vigo), en horario de 9 a 14 horas.

Documentación requirida

Observacións

Para poder acceder co scooter nos servizos de VITRASA, debe superar previamente unha breve xornada formativa para verificar a aptitude e capacidade de manobra para a colocación no espazo reservado do autobús.

De non superarse esta proba, non se poderá emitir a acreditación.

Para acceder ás xornadas formativas, ten que poñerse en contacto co Servizo de Transportes do Concello de Vigo.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información