Escudo Concello de Vigo

Inscripción para as Persoas Interesadas nos Obradoiros de Avellentamento Activo

Co obxectivo de potenciar as capacidades e habilidades das persoas maiores para un bo avellentamento e unha prevención da dependencia, a Concellería de Política Social organiza diversas actividades lúdico-formativas ao longo do ano.Están dirixidas a grupos de 20 a 25 persoas e son impartidas nas oficinas municipais de distrito e nos centros ou asociacións sen ánimo de lucro que o soliciten e aos que se lles conceda.Consisten en sesións de unha hora ou ben unha hora e media de duración, un día á semana de mañá ou de tarde, durante todo o ano agás do 15 de xuño ao 15 de setembro.

A quen está dirixido

Poden participar as persoas con 65 anos ou máis con autonomía total para realizar o obradoiro solicitado, sempre que estean empadroadas no Concello de Vigo e independentemente de que sexan socios ou non do centro no que se imparte o taller.

Como facelo

Por Internet

Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.




Presencialmente

As persoas interesadas en participar presentarán a súa solicitude, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.

Prazos

Durante todo o ano ata o mes de setembro.

Documentación requirida

  • Fotocopia do DNI
    Do solicitante e do cónxuxe ou parella.
  • Certificación das pensións
    Mensuais (viuvez, orfandade, non contributiva...) ou calquera outros ingresos (nómina, desemprego...) correspondentes ao ano no que se formula a solicitude.
  • Declaración do imposto sobre a renda (IRPF)
    Do último ano ou, no seu defecto, certificado negativo.
  • No caso de que a persoa solicitante tivera cónxuxe ou parella de feito
    • Achegará a mesma documentación anterior
      Entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ambos os membros da parella.

Observacións

O principal obxectivo dos obradoiros é a prevención da dependencia.

Organización:

En cada obradoiro participarán un número máximo de 25 persoas, aínda que, en ocasións, o monitor poderá axustar o grupo para un bo desenvolvemento do mesmo.

Realizaranse de mañá ou de tarde un día á semana, nun tempo máximo de hora e media.

A duración será dende o primeiro trimestre do ano ata decembro con vacacións dende o 15 de xuño ao 15 de setembro.

A selección dos participantes corresponde á Concellería de Política Social.

No caso de que existan máis solicitudes que prazas para a selección tomaranse en conta, por orde, os seguintes aspectos:

1. Ingresos, con preferencia ás contías mais baixas.

2. Idade, primando a maior idade.

3. E, en caso de empate, terase en conta a data e hora de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

En caso de que o solicitante e a súa parella queiran participar na actividade, farase a media dos ingresos mensuais brutos e da idade.

Altas, baixas e listas de agarda:

A xestión das baixas e altas nos obradoiros corresponde á Concellería de Política Social. Nin os centros nin os monitores poderán autorizar a participación de novas persoas.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información