Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnado de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria

Estas axudas teñen por obxecto a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2025-2026.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.

As axudas serán por tanto de dous tipos:

1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).

2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obligatoria.

A quen está dirixido

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican -> Dispoñible o primeiro día de prazo

Recorde que a solicitude non será rexistrada ata que achegue a documentación requirida.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Só mediante cita previa na web citaprevia.vigo.org, no apartado  "axudas municipais escolares", en horario, de luns a venres, de mañá de 9:00 a 13:45 horas.

Prazos

O prazo para presentar a solicitude e a documentación requerida é do 5 de marzo ao 2 de abril (ámbolos dous incluidos).

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude Axudas Municipais Escolares Libros e Comedor
    • Documento identificativo
      DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante e dos membros maiores de 18 anos, sempre que non consten xa na base de datos do Departamento de Benestar Social.
    • Libro de Familia
      Libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento, sempre que non consten na base de datos do Departamento.
    • Declaración do imposto sobre a renda (IRPF)
      do último exercicio de todos os membros da unidade familiar. Só deberán presentala as persoas solicitantes que non autoricen ó Concello de Vigo para obter directamente os documentos e certificados necesarios doutras Administracións Públicas.
    • Acreditación de ingresos
      De ser o caso, certificado anual dos ingresos percibidos correspondentes ó ano 2024 expedido polo organismo competente, das pensións da Seguridade Social, subsidio de desemprego, RISGA ou calquera outra prestación pública que se estea a percibir por calquera dos membros da unidade familiar de convivencia. Só deberán presentala as persoas solicitantes que non autoricen ó Concello de Vigo para obter directamente os documentos e certificados necesarios doutras Administracións Públicas.
    • Certificación bancaria
      No caso de solicitar axuda de libros e material escolar achegarase documento acreditativo do IBAN da conta bancaria da persoa solicitante da axuda (pai, nai ou titor).
    • Contrato de aluguer
      De ser o caso, copia do contrato de aluguer e dous xustificantes das transferencias bancarias ou recibos pagados dos dous meses inmediatamente anteriores á apertura do prazo de presentación de solicitudes. Non se terán en conta os recibos de aluguer cando nos mesmos no consten os seguintes datos: - Identificación da parte arrendadora (nome, apelidos, DNI e sinatura) - Identificación do/a arrendatario/a. - Enderezo da vivenda alugada. - Mes e importe pagado. Excepcionalmente, en ausencia de contrato escrito, deberá achegar debidamente cuberto o Anexo II (contratos verbais).
    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador
      De ser o caso, e onde conste a custodia do causante.
    • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento (De ser o caso)
  • No caso de ter hipoteca sobre a vivenda habitual achegará:
  • No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acredite esta circunstancia:
    • Certificado e/ou documento acreditativo
      - Certificado emitido polo órgano competente de grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ó 33%. - Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade. - Certificado de percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas
  • No caso de vítimas de violencia de xénero
    • Certificado e/ou documento acreditativo
      No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar, deberá acreditar que foi vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia que rematou dentro dos 24 meses inmediatamente anteriores á apertura do prazo das axudas municipais escolares. Acreditarase esta circunstancia achegando a sentenza condenatoria ou orde de protección, que deberá terse emitido dentro dos 24 meses inmediatamente anteriores á apertura do prazo das axudas, agás casos excepcionais que serán acreditados polas profesionais do "Centro Municipal de Información dos dereitos da Muller".

Oficinas

  • Lonxa do Concello

    Praza do Rei 1. Pranta baixa

    Horario: Luns a venres de 9:00 a 13:45 horas. (Só mediante cita previa)

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información