Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2026

Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento da inserción laboral e o Fomento da creación e consolidación do emprego estable e de calidade no municipio, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, dende o 1 de agosto de 2025 ata o 31 de agosto de 2026. Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e o fomento da estabilidade laboral do persoal contratado ou transformado en fixos ou fixos descontinuos nas últimas dúas convocatorias, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía.

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as asociacións veciñais, culturais, sindicais, sociais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que en función do programa deberán estar inscritas con anterioridade ao inicio do prazo de presentación de solicitudes á presente convocatoria, nos epígrafes que a continuación se relacionan do Rexistro Municipal de Asociacións (RMA), que fomenten o emprego, o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o termo municipal de Vigo, e cuxas actividades complementen competencias municipais, mediante a realización de programas de actividades relacionadas co emprego, a cultura, a asistencia, o lecer, o deporte e a mellora da empregabilidade que serven para reforzar os servizos que, neste ámbito, presta o Concello de Vigo.

• Programa I: "Entidades veciñais e culturais" - Epígrafes 10.1 e 10.5.

• Programa II: "Entidades sociais e asistenciais" - Epígrafes 1, 2, 4.1 e 9.1.

• Programa III: "Organizacións sindicais" - Epígrafe 5.1

• Programa IV: "Entidades empresariais” - Epígrafes 5.2

• Programa V: "Comunidades de Montes" - Epígrafe 10.7

• Programa VI: "Entidades deportivas" - Epígrafes 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2

Como facelo

Por Internet

Dispoñible a partir do primeiro día do prazo de solicitudes

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Prazos

Prazo de presentación de solicitudes do 2 ao 15 de xuño de 2026.

Documentación requirida

Oficinas

  • Desenvolvemento local e emprego Concello de Vigo
    Praza do Rei 1, 4ª Planta
    Teléfono: 986 810 304 ; 986 810 232

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información