SEDE ELECTRÓNICA

Sistemas de sinatura aceptados

Sistemas de sinatura admitidos e/ou usados:

  • Sistemas de sinatura electrónica incorporados ao Documento Nacional de Identidade, para persoas físicas.
  • Sistemas de sinatura electrónica avanzada, incluíndo os baseados en certificado electrónico recoñecido, admitidos polas Administracións Públicas.
  • Outros sistemas de sinatura electrónica, coma a utilización de claves concertadas nun rexistro previo como usuario, a achega de información coñecida por ambas partes ou outros sistemas non criptográficos, nos termos e condicións que en cada caso se determinen.

Certificados e sinatura electrónica

Esta Sede utiliza, para a validación de certificados, a plataforma @firma do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública. Esta admite certificados dixitais recoñecidos conforme o estándar ITU-T X.509 v3, emitidos por múltiples prestadores de servizos de certificación. Todos os prestadores atópanse inscritos no rexistro de autoridades da Secretaria de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade de Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, conforme ao establecido no artigo 30 da Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica.

Certificados admitidos:

  • DNIe
  • FNMT
  • ACA
  • ACCV
  • ANCERT
  • ANF
  • BANCO DE ESPAÑA
  • BANCO SANTANDER
  • CAMERFIRMA
  • CATCER
  • CGCOM
  • CNP
  • COLORIURIS (CIPSC)
  • EDICOM
  • ESCB
  • ESFIRMA
  • FIRMAPROFESIONAL
  • GISS
  • IZENPE
  • MINISTERIO DE DEFENSA
  • MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN
  • SCR
  • SESCAM
  • SIA
  • SIGNE
  • VINTEGRIS

Certificados admitidos de extranxeiros segun a Directiva de Firma Electrónica:

  • DNI electrónico Portugués
  • MULTICERT
  • SCEE (Sistema de Certificación Electrónica do Estado de Portugal)
  • DNI electrónico de Austria
  • DNI electrónico de Bélgica
  • DNI electrónico de Estonia

NOTA: Estes certificados serán admitidos sempre que a súa verificación por parte da Administración sexa libre e non supoña custe á mesma e a súa validación sexa posible a través da plataforma @firma.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información