Dende a entrada en vigor da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, o perfil de contratante do Concello de Vigo e do seu organismo autónomo Xerencia de Urbanismo están integrados na Plataforma de Contratación del Sector Público. Para acceder ás licitacións publicadas do Concello de Vigo e o seu Organismo Autónomo dependente Xerencia de Urbanismo desde esa data prema nos seguintes enlaces:
A presentación de proposicións farase a través da plataforma de Contratación do Estado.Pode consultar a información dos contratos menores formalizados polo Concello de Vigo e o seus organismos autónomos no portal de Transparencia
Datos históricos do Perfil do Contratante anterior á entrada en vigor da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Neste perfil de contratante poderá consultar:
Acceso ás actas das mesas de contratación do Concello de Vigo agrupadas por anualidade.
Órgano creado no ámbito da Administración municipal do Concello de Vigo e dos seus organismos ou entidades dependentes que teñan o carácter de poderes adxudicadores, en aplicación do sinalado no parágrafo terceiro do artigo 46.4 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Será competente para:
Acordo adoptado polo pleno do Concello de Vigo en sesión ordinaria do 05/04/2018 (BOPPO 09/05/2018)
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).