Adquisición de vivendas baleiras por parte do Concello de Vigo
Adquisición por parte do Concello de Vigo, a través da xerencia municipal de Urbanismo, do pleno dominio de vivendas baleiras situadas no termo municipal de Vigo, entendendo por tales as que estean libre de cargas e gravames, arrendatarios, ocupantes e precaristas, coa finalidade de ampliar o Parque Público de Vivenda en Alugueiro.
A quién está dirigido
Poderán optar á adxudicación do presente contrato as persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade xurídica e de obrar conforme as normas contidas no Cód. Civ. sobre capacidade xeral para toda clase de contratos e en particular, para o de compravenda.
Cómo hacerlo
Presencialmente
Por correo
No caso de remisión de ofertas por correo postal, só se admitirán as ofertas presentadas ata as 23:59 hs do último día do prazo establecido, e deberá xustificarse a data de imposición do envío na Oficina de Correos comunicándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta no enderezo electrónico do Servizo Xestor: urb .vivenda @vigo.org. Non se admitirá oferta algunha que non acredite o prazo de imposición do envío. Cando transcorran dez días hábiles dende que a presentación fose comunicada sen que esta fose recibida, non será admitida a oferta.
Plazos
ata o día 31 de outubro de 2026
Documentación requerida
Oficinas
Normativa Municipal