Escudo Concello de Vigo

Obrigados ao rexistro electrónico

Os solicitantes obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo segundo a obriga imposta polo artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), serán os seguintes suxeitos:

  • as persoas xurídicas
  • quen/es exerzan unha actividade que requira a colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas no exercicio da dita actividade profesional.
  • os que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da dita  actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
  • os que representen un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
  • os empregados das administracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que o determine regulamentariamente cada Administración.

Xa que logo, os obrigados legalmente deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude e documentación a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica, que se poden consultar no enlace Carpeta cidadá. No caso de que se achegue a solicitude e/ou a documentación complementaria presencialmente por parte dos obrigados polo art. 14.2 LPAC, requirirase a súa subsanación mediante a súa presentación electrónica.

Os solicitantes non obrigados poderán achegar a súa solicitude e a documentación complementaria, en soporte papel, presencialmente ante o Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información