Sistema interno de información anónimo do Concello de Vigo

Instrucións

Unha vez que cubra os datos presione no botón de tramitar e imprima o resguardo.

Condición de informante

A condición de persoa física informante aplicarase ás persoas físicas que obtivesen a información sobre infraccións nun contexto laboral ou profesional, polo que debe indicar o contexto relacionado co Concello de Vigo do que deriva o coñecemento das informacións que comunica.

Feitos sobre os que desexa informar

Describa as accións ou omisións que poidan ser constitutivas de infracción coa maior orde, claridade e precisión posible. O campo asunto non pode ser superior a 3500 caracteres. No caso de superar devandito límite, anexe un arquivo co texto completo no apartado información complementaria.

Persoas afectadas ou implicadas nos feitos sobre os que desexa informar

En caso de que lle conste a identidade e a condición das persoas ás que se refire esta información indíqueo a continuación.

Nome, apelidos e condición (relación que mantén co Concello de Vigo)
Asunto

Pode adxuntar un aquivos de audio se o considera oportuno. So permítense arquivos de audio en formato MP3 ou OGG.

    Dispoñibilidade de probas

    En caso de que dispoña de documentos acreditativos dos feitos relatados ou de calquera outro medio de proba, pode indicalos a continuación, ou ben achegalos como anexo a esta comunicación. So permítense arquivos de texto en formato TXT, RTF ou PDF, de imaxen en JPG e planos en DXF e DWG. (Pode convertir un documento de Word a RTF utilizando a opción de "Gardar como..."). O tamaño máximo por arquivo anexado é de 10Mb.

    No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.

    Arquivo
    Arquivo
    Arquivo
    Arquivo
    Arquivo
    Arquivo
    Outros medios de proba

    Relacione outros medios de proba dos que dispón ou que considera que poden axudar a esclarecer os feitos:

    (*) Campos obrigatorios

    Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, L. O. 3/2018, de 5 do decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais disposición de aplicación.

    A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas e/ou o cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público e/ou a protección de intereses vitais e/ou a execución dun contrato.

    O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.

    Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

    As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, diríxirase ao correo dpd.vigo@vigo.org

    Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

    ADVÍRTESELLE QUE conforme co disposto no apartado 4 do artigo 69 da lei 39/2015 de 1 de outubro de PAC das AAPP, "A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

    Así mesmo, a resolución da administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do/a interesado/a de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao comezo da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo iso conforme aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación."

    No caso de solicitude de "Identificación do condutor en multas de tráfico do Concello de Vigo" en cumprimento do Regulamento UE 2016/679 comunicase que o responsable do tratamento dos seus datos personais é o CONCELLO DE VIGO, sendo encargado do mesmo a empresa concesionaria ("Servicios de Colaboración Integral, S.A"). A finalidade do tratamento é a xestión das denuncias de tráfico formuladas polo incumprimento das normas de Lei de Seguridade Vial. A lexitimación do tratamento radica no art. 6 do RGPD. Poderán acceder aos seus datos o Concello de Vigo e Servicios de Colaboración Integral exclusivamente para xestionar a finalidade descrita.


    Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

    Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

    Servizos da Sede Electrónica

    Carpeta cidadá

    Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

    Máis información