Xeración do impreso de solicitude de admisión ao proceso de selección e promoción de persoal para rexistro presencial

Instrucións

Cubra este formulario para poder xerar o impreso de solicitude do proceso de selección e promoción do persoal.
Unha vez impreso e asinado deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, o impreso de solicitude de admisión xunto coa documentación requirida nas bases da convocatoria.
No caso de que marque a opción autorizando a comprobación de datos por este concello (refírese exclusivamente ao DNI), quedará exento da presentación da copia do mesmo. Noutro caso deberá xuntala.
Deberá así mesmo ou ben, manifestar estar en posesión do Celga establecido nas bases ou ben xuntalo coa solicitude.

Datos do solicitante

Datos do solicitante ao proceso de selección e promoción del persoal

Nome
Documento de identificación
Enderezo fiscal do solicitante

Introduza os seus datos de enderezo

Dirección
Enderezo a efectos de notificación

Introduza o seu enderezo para notificación

Dirección
Datos a efectos de notificación

Introduza os datos de correo electrónico e teléfono para poderlle notificar se é preciso.

Correo electrónico, teléfono
Datos da praza

Datos identificativos da praza á que se presenta

Identificación da praza (en periodo de presentación de instacias)
Títulos
Outros datos a considerar
Prazas de promoción interna

No caso de praza de tipo promoción interna indicar a praza dende a que se promociona e as datas nas que se realizou dito servizo

Praza dende a que se solicita promocionar
Data Dende/ata do servizo
Méritos
Documentación asociada

En caso de autorizar ó Concello a consulta automática dos seus datos marque a autorización. En caso contrario debe adxuntar a fotocopia do DNI

Idioma das probas (seleccione o idioma no que desexa realizar as probas)
Autorizo á consulta dos datos asociados ó meu DNI
Fotocopia DNI (no caso de non autorizar a consulta automática dos seus datos)
Título CELGA
Documentación complementaria
Documentación relativa a persoas con discapacidade

Nos supostos de discapacidade físíca ou psíquica, ésta deberá acreditarse mediante a aportación coa solicitude de participación no proceso de selección de certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% expedido polo órgano competente da Administración autonómica, xunto con certificado de compatibilidade coas funcións inherentes á praza á cal se opta.

Igualmente coas solicitudes de participación nos procesos de selección deberán aportarse as solicitudes de adaptación de tempos e medios ás que os/as aspirantes con discapacidade teñan dereito, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso ao emprego público en condicións de igualdade, consonte ao disposto no Real Decreto 2271/2004, do 3 de decembro, así como á normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación.

Certificado de discapacidade
Certificado de compatibilidade
Necesita adaptación de medios (imprescindible achegar escrito das adaptacións que se solicitan e documentación xustificativa)
Solicitude de adaptación de tempos e medios
Declaración responsable da persoa aspirante

  • O/a aspirante manifesta que asume baixo a súa exclusiva responsabilidade a manifestación da veracidade dos datos consignados na solicitude e da documentación indicada na mesma, aceptando que a carencia ou falsidade da mesma, ou a falta de achega no prazo indicado impedirá legalmente o seu nomeamento.
  • O/a aspirante DECLARA posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento do posto de traballo e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala correspondente.

Confirmación da declaración responsable
(*) Campos obrigatorios

Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, L. O. 3/2018, de 5 do decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais disposición de aplicación.

A lexitimación do tratamento pode estar baseada no consentimento das persoas interesadas e/ou o cumprimento dunha obrigación legal e/ou o cumprimento dunha misión realizada en interese público e/ou a protección de intereses vitais e/ou a execución dun contrato.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.

Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, diríxirase ao correo dpd.vigo@vigo.org

Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

ADVÍRTESELLE QUE conforme co disposto no apartado 4 do artigo 69 da lei 39/2015 de 1 de outubro de PAC das AAPP, "A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación previa, ou a non presentación ante a administración competente da declaración responsable ou comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Así mesmo, a resolución da administración pública que declare tales circunstancias poderá determinar a obriga do/a interesado/a de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao comezo da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento co mesmo obxecto durante un período de tempo determinado, todo iso conforme aos termos establecidos nas normas sectoriais de aplicación."

No caso de solicitude de "Identificación do condutor en multas de tráfico do Concello de Vigo" en cumprimento do Regulamento UE 2016/679 comunicase que o responsable do tratamento dos seus datos personais é o CONCELLO DE VIGO, sendo encargado do mesmo a empresa concesionaria ("Servicios de Colaboración Integral, S.A"). A finalidade do tratamento é a xestión das denuncias de tráfico formuladas polo incumprimento das normas de Lei de Seguridade Vial. A lexitimación do tratamento radica no art. 6 do RGPD. Poderán acceder aos seus datos o Concello de Vigo e Servicios de Colaboración Integral exclusivamente para xestionar a finalidade descrita.


Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información