Programa ATENPRO (Atención e Protección)

Ofrece ás vítimas de violencia de xénero unha atención inmediata e a distancia as 24 horas do día, os 365 días do ano.

O servizo baséase na utilización de tecnoloxías de comunicación telefónica móbil e de telelocalización.

Accédese tras solicitude e valoración da asesora xurídica do CIM.

A quen está dirixido

Mulleres vítimas de violencia de xénero, que non convivan coa persoa agresora e que participen nos programas de atención especializada.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa coa asesora xurídica a través do correo electrónico info.muller@vigo.org

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Mediante cita previa con la asesora jurídica del Centro Municipal de Información de los Derechos de la Mujer

Por teléfono

Pode solicitar a cita previa coa asesora xurídica do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller no teléfono: 986 293 963

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    R/ Romil 20 36203 Vigo

    Teléfono: 986 293 963 Fax: 986 201 153

    Email: info.muller@vigo.org

    Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org

    Horario: Luns a venres de 8.30 a 14.30
    Xoves de 8.30 a 14.00 e de 15:00 a 18:00
    Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro:
    Luns a venres de 8.30 a 13.30
    Xoves de 8.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información