Simulación: Alta de Vehículos de Tracción Mecánica

Instrucións

Cubra este formulario para poder proceder coa simulación da súa autoliquidación. Para exencións e bonificacións requirese entrega presencial. Consulte o Artigo 4 na Ordenanza 3ª

Datos do Vehículo e Liquidación

Número do Bastidor (VIN): Deben indicarse os datos que aparezan na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo dentro do recadro "Número de Identificación" .

Clasificación: Deberá indicar a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo dentro do recadro "Clasificación del vehículo".

Nº trimestres: Deberán indicarse os trimestres que quedan para rematar o ano contando no que se encontra completo

Prazas: Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Número de asentos".

Carga útil (Kg.): Deberá indicarse a cifra que resulte de restar á Tara ó Peso Máximo Autorizado (MMA) que figuren na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo.

Potencia (C.V.F.): Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Potencia fiscal".

Cilindrada (cm3): Deberá indicarse a cifra que figure na Tarxeta de Inspección Técnica do vehículo no apartado "Cilindrada (cm3)".

Datos do vehiculo
Liquidación
Características suxeitas a bonificación

Para poder gozar das bonificacións a que se refire este apartado, os interesados deberán instar a súa concesión acompañando a ficha técnica do vehículo e a documentación acreditativa dos requisitos.Bonificacións para vehículos das clases turismos, camións, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses e autocares

  • Vehículos híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diesel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados a súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Estes vehículos gozarán da bonificación durante dous anos naturais dende a súa primeira matriculación.
  • Vehículos novos sen matricular clasificados como turismos de motor de gasolina ou diesel, cuxa marca e modelo se inclúan entre os vehículos máis eficientes con cualificación de Eficiencia Enerxética nos termos do Real Decreto 837/2002.
  • Vehículos novos sen matricular aínda non estando cualificados de Eficiencia Enerxética A), as súas emisións de CO2 non sexan superiores a 120 g/km.
  • Vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas gozando da bonificación con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.
  • Vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol ou hidróxeno gozarán da bonificación na cota durante dos anos naturais dende a súa matriculación. Aplicarase esta bonificación a vehículos adscritos a licenzas de autotaxi que utilicen combustible GLP (gases licuados do petroleo).
Seleccione o concepto de bonificación que cumple o seu vehículo no seu caso.

Conceptos de bonificación 75%
Autoliquidación complementaria

En caso de tratarse de autoliquidación complementaria debe indicar:

  • Número de xustificante asociado
  • Importe a pagar
  • Motivo de la autoliquidación complementaria

Datos complementarios
(*) Campos obrigatorios


Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información