Subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2020

Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía. Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de desempregados/as na cidade mediante a contratación do maior número de postos de traballo a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento ás persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

A quen está dirixido

Esta convocatoria de subvenciones, realizada pola Concellaría de Cultura, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas as entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento del emprego entre los veciños y veciñas de Vigo, realizadas o pendentes de levar a cabo, no ano da convocatoria, ata o 30 de setembro de 2020.

Como facelo

Por Internet

Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Prazos

Prazo de presentación de solicitudes: do 24/02/2020 ao 09/03/2020, ambos incluidos.

Documentación requirida

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información