Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á actividade contractual os órganos de contratación difundirán, a través de Internet, no seu perfil de contratante datos e informacións como os anuncios de información previa, as licitacións abertas ou en curso e a documentación relativa ás mesmas, as contratacións programadas, os contratos adxudicados, os procedementos anulados, e calquera outra información útil de tipo xeral, como puntos de contacto e medios de comunicación que poden utilizarse para relacionarse co órgano de contratación (artigo 53 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público).
Pode consultar a información da actividade contractual dos órganos de contratación do Concello de Vigo e dos seus Organismos Autónomos dependentes:
Desde o 12 de maio de 2017 el Concello de Vigo publica os seus contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP). Pode acceder ás publicacións específicas do Concello a través do formulario de búsqueda da plataforma. En próximas datas irase completando a información da plataforma con todas as licitaciones publicadas nesta páxina.
Datos históricos anterior Perfil de Contratante (Previos a abril 2011):
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).