Comunicación previa de inicio de actividade (excepto actividades recreativas e espectáculos) en locais que non precisan obras de adaptación - a través de representante CP-001

Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

As actividades, con carácter xeral, están suxeitas ao procedemento de comunicación previa. A ou o interesado comunicaralle ao concello a data de inicio da actividade que vai desenvolver nun local e achegará, ademais do impreso normalizado, a documentación técnica que se relación neste anexo. A persoa interesada, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude. Nos impresos normalizados de comunicación previa de actividade inclúese a declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o establecemento reúne as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no plan urbanístico, que deberá asinar a persoa titular da actividade.

Con carácter xeral están suxeitas ao tramite de comunicación previa a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, agás:

a) A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos que están suxeitas ao réxime de declaración responsable ou licenza previa, e que se desenvolven no anexo 3 da ordenanza.

b) O exercicio de actividades e a apertura de establecementos sometidos a outro réxime de intervención administrativa pola normativa sectorial que resulte de aplicación.

c) O exercicio de actividades que non estean vinculadas a un establecemento físico.

Inclúense os cambios de uso entre actividades suxeitas a comunicación previa.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.

Relación de actividades suxeitas a comunicación previa.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de comunicación previa de licenza de actividade (CP-001)
    • Autoliquidación de taxas de licenza de actividades e instalacións
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
  • Se no local realizáronse obras de adaptación previas ao desenvolvemento da actividade (con licenza ou comunicación previa)
    • Certificación de fin de obra das obras e das instalacións, asinada pola persoa directora das obras
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
      (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.), para o caso de que o titular de actividade é distinto o solicitante da obra.
    • Informe do illamento acústico conseguido no local
      De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Non será obrigatorio no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.
  • Se non son precisas obras de acondicionamento
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
      contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.
    • Planos de situación e localización do local
      no que se pretende a actividade, a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente, asinado por técnico/a competente. Deberá utilizar a cartografía oficial.
    • Memoria da actividade coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos
      (descrición detallada das características da actividade e as características técnicas da maquinaria e instalacións necesarias, indicando para cada elemento a súa potencia, que se ha de expresar en C.V. para as máquinas con motor e en kw. para o resto, asi como, as medidas correctoras a aplicar de acordo coa natureza da actividade e instalacións previstas) asinada por técnico competente.
    • Planos acoutados de planta, alzado e sección do local
      a escalas 1:100 ou 1:50 segundo o caso, indicando o uso das diferentes dependencias, a maquinaria, a situación das saídas, comunicacións, etc. e instalacións de protección contra incendios, asinado por técnico competente.
    • Certificación expedida por facultativo competente acreditativa de que o local é apto para o novo uso
      conforme á normativa aplicable en función deste e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, e seguridade contra incendios precisas para o uso pretendido e que conta coas autorizacións e rexistros sectoriais.
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
      (copia). Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
    • Reportaxe fotográfica do local
      incluídas fotografías da totalidade da fachada e do interior do local.
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico/a competente
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso en causa de incompatibilidade.
    • Renuncia da persoa propietaria do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
      Para o caso de edificacións en situación de fóra de ordenación.
    • Informe do illamento acústico conseguido no local
      De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Non será obrigatorio no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que actividade producirán un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia. De ser o caso.
  • Se a actividade está suxeita ao procedemento previo de incidencia ambiental
    • Declaración de incidencia ambiental
    • Proxecto da obra ou actividade
      (copia). Asinada por técnico/a competente.
    • Certificado de que o proxecto cumpre coa normativa técnica de aplicación
      Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto.

Observacións

A comunicación previa non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade.

A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información