Tarxeta de licenza de Armas de Aire ou outro Gas Comprimido

Para poder levar e usar as armas da categoría 4ª fora do domicilio haberán de estar documentadas singularmente mediante tarxeta de armas, que as acompañarán en todo caso.

Categoria 4.1.- Carabinas e pistolas, de tiro semiautomático e de repetición, e revólveres de dobre acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.

Categoria 4.2.- Carabinas e pistolas, de ánima lisa ou raiadas, e dun só tiro, e revólveres de acción simple, accionado por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

Debe solicitar a tarxeta unha vez mercada a arma.

Documentación requirida

    • Solicitude de tarxeta de armas de aire u outro gas comprimido
      Só para o caso de tramitación presencial ou por correo
    • Fotocopia do DNI
      Só para o caso de tramitación presencial ou por correo
    • Factura de compra do arma
      Fotocopia que deberá conter a seguinte información: clase, marca, modelo, categoría, calibre e número de serie.
    • Certificado de Antecedentes Penais
    • Declaración de boa conducta
  • No caso de renovación
    • Tarxeta co vencemento caducado
  • No caso de transferencia entre particulares
    • Documento de compraventa ou cesión

Observacións

- As tarxetas de armas serán concedidas e retiradas, no seu caso, polos Alcaldes dos municipios en que se atopen aveciñados ou residindo os solicitantes, previa consideración da conduta e antecedentes dos mesmos. A súa validez quedará limitada aos respectivos termos municipais.

- As armas incluídas na categoría 4ª.2 pódense documentar en número ilimitado con tarxeta B cuxa validez será permanente.

- Das comprendidas na categoría 4ª.1 soamente poderanse documentar seis armas con tarxeta A cuxa validez será de cinco anos.

- No entanto, a autoridade municipal poderá limitar ou reducir tanto o número de armas que pode posuír cada interesado como o tempo de validez das tarxetas, tendo en conta as circunstancias locais e persoais que concorran.

- Os solicitantes da tarxeta A deberán acreditar cumprir catorce anos de idade, a cuxo efecto haberán de presentar documento nacional de identidade ou documentos equivalentes en vigor.

- En cada impreso poderanse apuntar ata seis armas. Cando se trate de tarxetas B e o número de armas exceda de seis, o interesado poderá ser titular de máis dunha tarxeta.

- Do impreso destinarase un exemplar ao interesado e o segundo será remitido pola Alcaldía á Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información