Trámite necesario para rexistrar os datos do novo propietario do animal no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía).
Donos de animais de compañía e potencialmente perigosos, e veterinarios que presten asistencia sanitaria a estes animais.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
A inscrición dos datos do novo propietario deberá facerse a través do veterinario actuante que cubrirá un impreso oficial de identificación, por triplicado, achegado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente (tamén dispoñible nesta páxina). O propietario do animal identificado deberá recibir do veterinario actuante un exemplar do impreso oficial. O veterinario actuante conservará no seu poder outro exemplar do impreso. O terceiro exemplar deberá ser remitido polo veterinario ao Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.
O troco dos datos debe ser realizada por veterinarios actuantes do REGIAC, autorizados pola Consellería de Medio Ambiente (para obter información sobre veterinarios actuantes pode poñerse en contacto co teléfono de información do REGIAC: 988 60 30 75 ).
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).