Solicitude de ocupación da vía pública con instalación de posto de venda (Venda ambulante) en mercadillos temáticos

Considérase venda ambulante:

1. A realizada en feiras e mercados que se realicen en lugares establecidos cunha periocidade determinada.

2. A realizada en mercados ocasionais debidos á celebración de festas ou acontecementos populares.

3. O comercio na rúa, entendido este como o realizado na vía ou no espazo público nun número de postos, situación e períodos determinados.

Non terán a consideración de ambulante as vendas realizadas dentro de locais ou recintos ocupados por un certame ferial.

Exceptúase a venda de toda clase de produtos alimenticios que queda prohibida conforme coas normas contidas nas disposicións vixentes.

A quen está dirixido

Poderán optar ás autorizacións que se regulan nesta ordenanza, todas as persoas españolas e estranxeiras, maiores de idade, que teñan plena capacidade xurídica e de obrar conforme coa lexislación mercantil e co establecido na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Como facelo

Por Internet

Pulse no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

A solicitude presentada con DNI electrónico ou a través da Carpeta Cidadán, terá a mesma validez que a solicitude presencial no Rexistro do Concello, ao equipararse a firma dixital coa firma manuscrita.





Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar o impreso resultante no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e enviar o impreso resultante ao Rexistro Xeral do Concello.

Prazos

As solicitudes presentaranse entre treinta días (naturais) e corenta e cinco días (naturais) antes do día anterior á celebración do evento.

Documentación requirida

  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
  • No caso de oposición a que o Concello consulte estes datos
    • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte en vigor do solicitante
    • Memoria xustificativa
      onde se explique con detalle o evento a celebrar e os seus obxectivos. Na memoria deberá figurar: 1. Relación de todos os vendedores que participarán no evento, detallando os produtos a vender. Así mesmo, cada vendedor deberá achegar: a) Fotocopia do seu DNI/CIF b) Declaración responsable asinada conforme está ao tanto de todas obrigas coa administración. c) Xustificante de pago do último recibo de autónomos. d) Certificado actualizado da situación no censo de actividades económicas da AEAT ou o modelo 037 ou 036 do ano en curso. e) Último recibo do pago do seguro de responsabilidade civil que deberá especificar a data da vixencia e o tipo de seguro contratado.
    • Plano de situación
      da celebración do evento cos postos numerados.
    • Declaración responsable para a montaxe de postos de venda, casetas de feira, postos de comida e "foodtrucks", quioscos ou pequenas carpas
    • Xustificante de estar inscritos no REGASA (Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios)
  • No caso de non autorizar que o Concello consulte estes datos
    • Xustificante de estar inscrito/a como traballador/a autónomo na Seguridade Social e estar ao corrente do pagamento das cotizacións correspondentes
    • Xustificante de estar inscrito/a no imposto de actividades económicas e estar ao día no pagamento
    • Xustificante de estar ao corrente no pagamento do seguro de responsabilidade civil

Observacións

A solicitude presentada con DNI electrónico ou a través da carpeta cidadá terá a mesma validez que a solicitude presencial.

- As autorizacións serán persoais e intrasferibles.

- Os seus titulares serán exclusivamente persoas físicas e serán concedidas por un prazo determinado que en ningún caso excederá dun ano natural.

- Non será concedida máis dunha autorización a nome da mesma persoa.

- Os titulares de cada posto deberán instalarse no lugar adxudicado polo Concello e non poderán superar o espazo autorizado.

- O posto só poderá estar montado durante o horario de venda autorizado.

- A venda realizarase sobre mesas desmontables e non se poderá expor mercancía no chan.

- Soamente poderán venderse os produtos autorizados.

- O espazo ocupado non dificultará o tráfico peonil nin o acceso a vivendas ou locais.

- En ningún caso se ocuparán zonas con vexetación.

- O posto só poderá estar montado durante o horario de venda autorizado.

- Durante cada xornada, o titular deberá manter a zona ocupada correctamente ordenada e ao remate desta deberá recollela, quedando o espazo totalmente limpo.

- Para o uso do comercio ambulante cumprirá o uso de instalacións desmontables e/ou transportables. Queda prohibida a exposición de mercadorías no chan.

- A autorización municipal exhibirase obrigatoriamente no respectivo posto de venda. A administración municipal reservarase a facultade de exercer, por medio dos seus axentes, unha inspección periódica e constante para comprobar o cumprimento desa esixencia e o acatamento das restantes prescricións desta ordenanza.

Oficinas

  • Departamento de Comercio Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º andar
    Teléfono: 986 810 253

    Horario: De 9 a 13:30 horas

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información