Escudo Concello de Vigo
Ofertas emprego

Oferta de Emprego Público 2017-2018-2019

No BOP de data 29 de decembro de 2017 (nº 248) publícase a OEP correspondente ao ano 2017 (posteriormente rectificacións no BOP 26/04/2018 e 14/08/2019 e no DOG 21/06/2018 e 12/09/2019). No BOP de data 26 de novembro de 2018 (nº 227) e no DOG de data 25 de xaneiro de 2019 (nº 18) publícase a OEP correspondente ao ano 2018. No BOP de data 11 de setembro de 2019 (nº 174) e no DOG de data 25 de setembro de 2019 (nº 182) publícase a OEP correspondente ao ano 2019.

Publicación

  • Data de publicación: 29/12/2017

Bases e documentación inicial da oferta:

Bases e documentación inicial da oferta. O resto de documentación e avisos publicarase no apartado correspondente a cada praza convocada.

CONVOCATORIAS ACTIVAS

Convocatoria prazas funcionarios de carreira (2ª fase)

Con data 17 de novembro de 2020 publícase no BOP (nº 222) a Convocatoria e Bases das Ofertas de Emprego Público 2017-2018-2019: Segunda Fase.

Con data 21 de decembro de 2020 publícase no BOE (nº 331) anuncio da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio (22/12/2020 - 11/01/2021).

Convocatoria prazas policía local e bombeiros (1ª fase)

Con data 7 de xullo de 2020 publícanse no BOP (nº 128) as Bases Xerais e Específicas da Oferta de Emprego Público 2017-2018-2019: Primeira Fase.

En data 16 de setembro de 2020 publícase no BOE (nº 247) anuncio da convocatoria. O prazo de presentación será de 20 días naturais, a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio (17-09-2020 ao 06-10-2020).

Ofertas de emprego en Vigo App

logo app vigo

Segue as ofertas de emprego na app oficial "Vigo"

Máis información

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información