Mediante este servizo accédese, mediante cita previa , ao dispositivo municipal que facilita información, apoio e asesoramento nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas de Vigo.
Persoas en situación de desemprego ou con emprego precario, inscritas nunha oficina do Servizo Público de Emprego de Vigo, que se atopen na procura de emprego.
Pódese pedir cita previa a través do apartado de Solicitude de Cita Previa na web do Concello ou ben no correo electrónico:: ofi.emprego@vigo.org
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Solicitando unha cita na Consellería de Desenvolvemento Local e Emprego na 4º planta da Casa do Concello.
Solicitándo cita no teléfono: 986 810 232
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).