A celebración de festas e eventos populares, na medida que comportan unha ocupación especial e temporal das vías ou espazos públicos de titularidade municipal afectados polo evento, require da preceptiva autorización da Administración.
Este réxime de control intensifícase cando o acto de ocupación comporta a celebración de espectáculos e actividades extraordinarias, especialmente as que requiran da instalación de escenarios e estruturas móbiles.
Calquera persoa xurídica.
Para o estudo da viabilidade da sua solicitude é necesario a presentación, cun prazo mínimo de 21 días de antelación, xunto coa solicitude unha memoria xustificativa na que se indique o tipo de evento e aforo estimado, duración temporal do evento, indicando o periodo de montaxe e desmontaxe, plano da ocupación coas medidas máis significativas ou plano de percorrido no seu caso e o seguro de responsabilidade civil que cubra o evento.
Unha vez resolta comunicarase vía eletrónica a viabilidade ou non da solicitude.
Comunicada a viabilidade do evento terase en conta o indicado no documento Requisitos para a tramitación de eventos e festas populares
Debe cubrir o formulario web e presentar o documento resultante, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
A solicitude e documentación requirida debe ser presentada no Concello de Vigo 21 días hábiles antes do inicio do evento.
Todo aproveitamento na vía publica esta suxeito ás correspondentes taxas salvo os eventos que sexan eximidos das mesmas por parte da concellería competente. O importe das taxas serán remitidas pola Administración de Tributos en aplicación da ordenanza fiscal reguladora en función do tipo de evento, ocupación solicitada, duración e categoría de vía. O xustificante do pago das taxas terá que ser remitido á Área de Seguridade e Movilidade xunto co resto de documentación esixida para proceder á autorización do evento.
Os eventos na vía pública están suxeitos a unha Declaración Xurada do promotor do evento e Declaración Responsables da propiedade de cada instalación desmontable existente no evento. Estes documentos deben se remitidos ao Concello de Vigo antes da celebración do evento xunto co Plan de Autoprotección ou Plan de Emerxencia no seu caso.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - Vigo
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).