A Licenza Municipal de taxis poderá transmitirse por falecemento do titular, a favor dos seus herdeiros lexítimos, de non poder explotala licenza constituirán unha comunidade de herdeiros.
Aos herdeiros da licenza.
Os beneficiarios, salvo determinadas situacións excepcionais, deberán estar en posesión do permiso municipal de conductor.
Presentando a solicitude a través da carpeta do cidadá ou nos restantes sitios establecidos na Lei 39/2015, xunto coa documentación requerida.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá presentar a solicitude, xunto coa documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello.
Artigo 11.a). Ordenanza Municipal: Por falecemento do titular, a favor dos seus herdeiros lexítimos: os herdeiros adquirirán os dereitos e obrigacións inherentes a licenza podendo figurar, en caso de que se constituíse, a nome dunha comunidade de herdeiros por un período máximo de 2 anos dende o falecemento do causante. Transcorrido o citado prazo as licenzas deberán constar a nome dunha persoa física, caducando en caso contrario.
A solicitude de transmisión deberá solicitarse no prazo de seis (6) meses dende que se produza o feito causante. A petición do interesado poderá concellérselle unha prórroga por outros seis (6) meses.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).