OB-004 Licenza intervencións menores en edificacións catalogadas

Son obras de mantenemento caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza de edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:

1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e soares:

1.a. Limpeza interior de parcelas e soares, sen movementos de terras

1.b. Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.

1.c. Tala de arbores que non forman masa arborea

2. Mantemento de fachadas dos edificios:

2.a. Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta ( canalóns, baixantes e varandas)

2.b. Limpeza e pintado de fachadas.

2.c. Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.

3. Mantemento de cubertas dos edificios:

3.a. Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.

4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:

4.a. Substitucións de instalacións privativas de vivenda ou local (auga, gas, electricidade, desaugadoiros ou similar)

4.b. Novas instalacións non encastadas en elementos estruturais ( vigas, piares, paredes mestras, etc.), sen instalacións no exterior

4.c. Mantemento de instalacións comúns do edificio ( ascensor, caldeiras, etc.)

5. Mantemento ou substitución dos acabados interiores dos edificios:

5.a. En paredes, solos e falsos teitos.

5.b. Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de licenza de intervencións menores en edificacións catalogadas (OB-004)
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Planos de situación e localización
      da edificación ou parcela no que se vai realizar a obra, a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente.
    • Orzamento detallado das obras ou actuación a realizar
      o orzamento deberá estar asinado polo contratista , executor da obra ou técnico competente. No caso de que a obra a realice o propio interesado deberá indicalo e presentar xustificante do custo dos materiais.
    • Reportaxe fotográfica
      incluídas fotografías da totalidade de fachada e do interior do local, se son obras interiores, subscrita pola persoa solicitante.
    • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
      xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
    • Fotografias da fachada do e o entorno da edificación
      e se se actúa sobre as fachadas incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
  • Nos casos de obras en fachadas que necesitan andamios
    • Certificado de técnico/a competente
      No que se indique que a colocación dos andamios se fai baixo a súa dirección e que reunirán as debidas condicións de seguridade unha vez instalados.
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos de Plans especiais de protección (PEEC, Casco Vello, Bouzas)
    • Memoria xustificativa
      Memoria xustificativa do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación: - No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do art. 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07). - No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (art. 50 e ss.) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02). - No caso de actuacións no ámbito do Plan Especial de Edificios a Conservar: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91).
  • No caso de edificación catalogadas
    • Documentación complementaria
      a documentación deberá completarse coa necesaria de conformidade co artigo 43 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural da Galicia
  • No caso de presentar documentación técnica
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico/a competente
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información