Subvencións para contribuír ao financiamento dos gastos da organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais de fomento da Participación Cidadá, para o ano 2023
Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellaría de Participación Cidadá e Distritos, aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 1/09/2023, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer, asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, sen ánimo de lucro, constituídas legalmente como tales e inscritas nos epígrafes correspondentes do Rexistro Municipal de Asociacións, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Consideranse gastos subvencionables os realizados entre o 16 de outubro de 2022 e o 15 de outubro de 2023, que se encadren nalgún dos seguintes programas:
- Programa I: Gastos derivados de actividades de montaxe e desmontaxe de instalacións cubertas ou estruturas mobles similares, sempre que non impliquen cesión a terceiros onde realicen nelas actividades mercantís ou comerciais.
- Programa II: Gastos de organización de xogos populares.
- Programa III: Gastos para o deseño e impresión de publicacións.
Unha vez aberto o prazo pode realizar a solicitude a través do procedemento específico habilitado ao efecto
Convocatoria
- Prazo solicitudes: 21/09/2023 - 30/09/2023.
Documentación
- Bases reguladoras (18/09/2023).
- Anexo VII: Publicidade coorporativa (20/09/2023).
- Modelo carteleria páxina web (20/09/2023).
- Modelo A5. Portada libro (programa III) (20/09/2023).
- Modelo carteleria xogos populares en formato A3 (20/09/2023).
- Modelo carteleria xogos populares en formato A4 (20/09/2023).
- Extracto da convocatoria (20/09/2023).
- Anexo VIII. Solicitude de Aboamento (17/11/2023).
- Anexo IX. Memoria do Proxecto Subvencionado (17/11/2023).
- Anexo X. Renuncia Expresa (17/11/2023).
- Anexo XI. Declaración responsable de non dedución do IVE (17/11/2023).