Axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos existentes para o período 2026. Exp: 2279/433.
Subvención para fomentar a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos existentes en Vigo, mediante a entrega, a fondo perdido, dunha axuda económica ás persoas propietarias, que cumprindo os requisitos da convocatoria, promovan ou executen estas no exercicio 2026.
As bases da convocatoria foron aprobadas por Resolución da Concelleira Delegada da área de Goberno de Urbanismo e Vivenda de data 05.05.2026, tomada en coñecemento polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de data 12.05.2026.
Data de publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra: Pendente.
Prazo solicitudes: (Pendente) tres meses dende a publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra.
Documentación
- Bases reguladoras (19/05/2026).
- Publicación das Bases no BOPPO n.º 92 de 18.05.2026 (19/05/2026).
- Anexo I solicitude (19/05/2026).
- Anexo II conta xustificativa (19/05/2026).
- Anexo III publicidade corporativa cartelería (19/05/2026).
