Axudas para a iluminación de edificios históricos exercicio 2026 (Exp: 2280/433)
Subvención para fomentar a iluminación das fachadas dos edificios históricos, mediante a entrega, a fondo perdido, dunha axuda económica ás persoas propietarias que, cumprindo os requisitos da convocatoria, promovan e executen ou teñan executado durante o exercicio 2026.
As bases da convocatoria foron aprobadas por Resolución da Concelleira Delegada da área de Goberno de Urbanismo e Vivenda de data 05.05.2026, tomada en coñecemento polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de data 12.05.2026.
Data de publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra: Pendente.
Prazo solicitudes: tres meses dende a publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra.
Documentación
- Bases reguladoras (19/05/2026).
- Publicación das Bases no BOPPO n.º 92 de 18.05.2026 (19/05/2026).
- Anexo I solicitud (19/05/2026).
- Anexo II conta xustificativa (19/05/2026).
- Anexo III publicidade corporativa cartelería (19/05/2026).
