Información tributaria
Desde a Carpeta Cidadá poderá acceder aos datos que ten o Concello de Vigo sobre os bens dos que é titular suxeitos a impostos.
Bens e obxectos tributarios
- IBI: Bens inmobles no municipio.
- IAE: Imposto de Actividades Económicas
- LIXO VIVENDA: Imposto sobre a recollida de Lixo
- EXACCIÓNS UNIFICADAS INDUSTRIAIS: lixo comercial, entrada de vehículos e reserva de aparcadoiro.
- VEHÍCULOS: Vehículos rexistrados no padrón municipal.
Sobre estes bens e tributos poderá realizar o seguinte:
- Pagar os recibos de cada imposto
- Domiciliar o pago dos recibos
- Obter certificados de pago dos recibos
- Consultar os recibos pagos e pendentes de pago
- Consultar as liquidacións pagas e pendentes de pago
- Ver o estado das domiciliacións.