SEDE ELECTRÓNICA

Obrigados ao rexistro electrónico

Os solicitantes obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo segundo a obriga imposta polo artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC) e artigo 9 da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Vigo, serán os seguintes suxeitos:

  • As persoas xurídicas.
  • As entidades sen personalidade xurídica.
  • Aquelas persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen no exercicio destas actividades. En todo caso, enténdese incluídas as notarías e rexistros da propiedade e mercantís.
  • As persoas que representen a unha persoa interesada que sexa obrigada a relacionarse electronicamente.
  • As persoas empregadas do Concello de Vigo para os trámites e actuacións que realicen con razón da súa condición, na forma prevista nesta ordenanza.
  • Os órganos de representación das persoas empregadas municipais, ben sexan delegados/as de persoal, xuntas de persoal, comité de empresa ou calquera outro órgano establecido polo Concello de Vigo, tanto nas súas competencias en mesa de negociación como no resto das súas funcións de representación, de negociación colectiva e de participación institucional.
  • As persoas que soliciten participar nos procesos selectivos de acceso ao emprego público no Concello de Vigo, sen prexuízo, no seu caso, da habilitación dos medios correspondentes para tal fin.
  • As persoas que soliciten a súa participación en procedementos de concorrencia competitiva ou participativa en canto a plans ou programas determinados polo Concello de Vigo e entidades dependentes, cando así o establezan as bases reguladoras e sempre que quede xustificado na memoria do expediente que gozan da dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, sexa pola súa capacidade económica, técnica, profesional ou calquera outro motivo.
  • As persoas traballadoras en réxime de autónomos, para os trámites e actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
  • As persoas membros da Corporación municipal en calquera trámite que sexa instrumentado co Concello como consecuencia de tal condición.
  • As persoas que actúen en representación dalgunha destas persoas obrigadas.
  • Outras persoas que a lexislación sobre a materia estableza.

Xa que logo, os obrigados legalmente deberán presentar e tramitar por medios electrónicos a solicitude e documentación a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica, que se poden consultar no enlace Carpeta cidadá. No caso de que se achegue a solicitude e/ou a documentación complementaria presencialmente por parte dos obrigados polo art. 14.2 LPAC e artigo 9 da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Vigo, requirirase a súa subsanación mediante a súa presentación electrónica.

Os solicitantes non obrigados poderán achegar a súa solicitude e a documentación complementaria, en soporte papel, presencialmente ante o Rexistro xeral do Concello de Vigo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude e documentación complementaria a través da sede electrónica do Concello de Vigo, e por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información