SEDE ELECTRÓNICA

Poxas tributarias

Condicións xerais das poxas tributarias

De acordo co establecido nos artigos 100 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación ( RD 939/2005, do 29 de xullo) a poxa dos bens realizarase por medios electrónicos a través do Portal de Poxas da Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado.

Os interesados en participar nas poxas como licitadores teñen á súa disposición o Manual de Usuario do Portal de Poxas do BOE

A poxa suspenderase en calquera momento anterior á emisión da certificación da acta ou no seu caso, á formalización da escritura pública de adxudicación dos bens, se se realiza o pago do importe da débeda.

Bens

Os bens para poxar están afectos polas cargas, gravames e situacións xurídicas dos seus titulares que figuran na súa descrición, e que constan no expediente, os cales quedarán subsistentes sen que poida aplicarse á súa extinción o prezo de remate.

O tipo de poxa non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión, incluídos os derivados da inscrición no rexistro correspondente do mandamento de cancelación de cargas posteriores, serán por conta do adxudicatario.

No caso de vehículos, os mesmos atópanse no Depósito Municipal, sito en Avda. de Madrid 195, 36214 Vigo. Poden ser examinados polos posibles licitadores nas instalacións do devandito Depósito Municipal, de luns a venres de 8:00 a 16:00, acompañando autorización debidamente cumprimentada. A autorización pode descargarse a través do Portal de Poxas do BOE

Depósito

Todo licitador haberá de constituír previamente un depósito do 5 por cento do tipo de poxa. O depósito deberá constituírse por vía telemática, a través do Portal de Poxas do BOE

Ao tempo de poxar, poderase optar por reservar o depósito constituído para o caso de que o mellor ofertante da poxa non cumprise a obrigación de ingresar o resto do prezo de adxudicación no prazo concedido para estes efectos.

Finalizado o período de presentación de ofertas quedarán dispoñibles para os licitadores, cuxos depósitos non quedasen reservados, as cantidades depositadas, excepto a que corresponda ao mellor, a cal quedará reservada como garantía do cumprimento da obrigación de satisfacer o resto do prezo de adxudicación. As cantidades depositadas que fosen reservadas quedarán dispoñibles unha vez cumprida tal obrigación.

Pago do prezo de adxudicación

O adxudicatario deberá ingresar, dentro dos 15 días seguinte á data en que se lle notifique a adxudicación, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación. De non completarse no devandito prazo, perderá o importe do depósito que se aplicará á cancelación das débedas obxecto do procedemento, sen prexuízo das responsabilidades en que puidese incorrer polos prexuízos que orixine á Administración a falta de pago do prezo de remate.

Contacto

Para calquera consulta poden poñerse en contacto coa Unidade de Recadación Executiva do Concello de Vigo, sita en:

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información