Modificación Datos Persoais no Padrón, renovación extranxeiros e información

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.

A quen está dirixido

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.

Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar ou modificar os seus datos persoais.

Como facelo

Presencialmente

No servizo de Estatística (Ventanilla 8B)
ATENCIÓN SEN CITA PREVIA de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30.
Calquera persoa poderá acudir ao Concello de Vigo, atenderáselle por orde de chegadas, imprimindo un número na máquina dispensadora, ata final de números dispoñibles.

Documentación requirida

    • Documento acreditativo do dato correcto
      ORIXINAL, referente ó dato que se modifica.

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo - Planta Baixa - Praza do Rei nº1 36202 - Vigo

    Email: ofi.estatistica@vigo.org

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información