OB-009 Licenza de obra (Varios)

Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das definicións dos trámites relacionados e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.

Ademais incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa. Nestes casos a documentación a presentar ca solicitude será a establecidas nas ordenanzas especificas: Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación e Ordenanza Urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de licenza de obra (varios)(OB-009)
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Escritura pública de propiedade do terreo
    • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
      subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
    • Oficio de dirección das obras
    • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
    • Comunidade de propietarios
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da ou do presidente. No caso de que a solicitude a realice a persoa administradora da comunidade, achegará o seu DNI e documento que acredite debidamente a súa representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable). Ademais acta do nomeamento da persoa presidente ou acta da reunión de propietarios na que se recolla o acordo á realización das obras.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial non presentados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • En edificacións incluídas en ámbitos de Plan Especial de Intervención.
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      Edificacións incluidas no ámbito do Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar, Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello ou Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Bouzas
  • Se achega proxecto básico.No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código da plataforma ou número de visado.
    • Proxecto técnico
      redactado por técnico competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas
  • Se achega proxecto básico e execución (ademais da documentación anterior).No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Estudo de Seguridade e Saúde
      segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudio de xestión de residuos
      segundo R.d. 105/2008.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de estacións base de telefonía ou equipos de telecomunicacións
    • Documentación Complementaria
      establecida nos artigos 35 e 37 da Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación no termo municipal de Vigo.
  • No caso de solicitude de licenzas para a instalación de carteleiras publicitarias
    • Documentación Complementaria
      establecida no artigo 38 da Ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información