
Vigo inclusivo, é un programa de ocio e tempo libre que se está a levar a cabo dende a Concellería de Política Social do Concello de Vigo, e que está dirixido a persoas con diversidade funcional, a partires dos tres anos de idade.
A finalidade deste programa, ademais de favorecer a educación non formal e o desenvolvemento integral de persoas con diversidade funcional, é a de permitir a conciliación familiar nos períodos non lectivos (Semana Santa, verán e Nadal).
Este programa incluirá a realización de actividades inclusivas de carácter lúdico e dinámico, excursións e actividades culturais, ademais de obradoiros e actividades específicas.
Dado que un dos obxectivos do programa “Vigo Inclusivo” é a inclusión de persoas con diversidade funcional nas diferentes actividades que se realizan na cidade, este ano ofertaremos prazas con reforzo e atención persoalizada, en campamentos dirixidos a poboación infantil e moza en xeral.
Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos, e empadroadas no Concello de Vigo.
Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
Prazo aberto dende o mércores 28 de maio ao mércores 11 de xuño 2025, ambos inclusive.
Prazas ofertadas: 244.
En caso de presentarse máis solicitudes que prazas ofertadas, os criterios a seguir para a adxudicación das prazas serán:
1º.- Solicitantes con 65% ou máis de discapacidade.
2ª.- Orde de presentación da solicitude.
Horario: 9 a 13.30 horas de luns a venres
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).