Visita guiada á Xefatura de Policía Local: 24 de maio de 2026.
Dirixido a toda a cidadanía que queira coñecer á Policía Local de Vigo desde dentro: operativa, adestramentos, dinámica diaria, central, galería de tiro,.... durante as Xornadas haberá exposicións exteriores, material das distintas unidades, exhibición de drons, vehículos antigos, exhibición de defensa persoal, parque infantil de tráfico e exposición fotográfica que non requiren de inscrición, só o acceso ao interior das instalacións require de previa inscrición.
Calquera persoa.
As inscricións pecharanse 48 horas antes do día de celebración das xornadas.
O acceso realizarase na hora seleccionada, débese de estar con antelación suficiente para verificar a solicitude de acceso (presentar solicitude con QR) e conformación de grupos, unha vez iniciada a visita, non permitirá unirse á mesma ao tratarse dunha zona de seguridade.
Para o uso do parque infantil de tráfico, os nenos e nenas deberán achegar as súas bicicletas ou patinetes (non eléctricos) aqueles que non dispoñan da mesma, será facilitada para o uso exclusivo no parque de tráfico.
Teléfono de contacto: 699 047 605. Correo: pl.armamento@vigo.org
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).