Escudo Concello de Vigo
Perfil

Convocatoria para convenios de colaboración empresarial con entidades privadas para os programas "Samaín", "Nadal" e "Cabalgata de Reis"

O Concello de Vigo estrutura un marco de colaboración empresarial con entidades privadas para o desenvolvemento de actividades socioculturais de interese xeral organizadas polo Servizo de Festas do Concello de Vigo, conforme ás Bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno local na súa sesión extraordinaria e urxente do 28 de xullo de 2017. As posibles colaboracións poderán realizarse a través dos seguintes programas de actividades: "Cabalgata de Reis", "actividades do Nadal", "Entroido", "Vigo en Festas" e "Samaín" (conforme ao Anexo I). Coa publicación da correspondente Convocatoria no Boletín oficial da provincia de Pontevedra o 17 de outubro de 2017, ábrese o prazo para a presentación de instancias para a colaboración Samaín 2017, Nadal 2017/18 e Cabalgata de Reis 2018. O prazo de presentación para instancias (cuxo modelo se recolle no Anexo III) destes programas remata o 6 de novembro de 2017.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 17/10/2017 - 06/11/2017

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información