Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións para o fomento do asociacionismo e da Participación Cidadá 2018

A Xunta de Goberno, na sesión extraordinaria do 25 de maio de 2018 aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas ás asociacións veciñais e sociedades culturais fque operen no movemento veciñal e figuren inscritas nos epígrafes 10.1 ou 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións, coa finalidade de financiar gastos de mantemento, equipamento inventariable e/ou obras nos locais sociais.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (pendente de publicación), e farase, de xeito exclusivo a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 08/06/2018 - 28/06/2018

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información