Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro 2020

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Cultura, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, no ano da convocatoria, ata o 30 de setembro de 2020.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención a través da sede electrónica do Concello de Vigo, por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na sede electrónica, que se poden consultar na seguinte páxina da sede electrónica

Pode realizar a solicitude de forma telemática a través do procedemento específico establecido para esta subvención. As solicitudes presentadas fora do prazo establecido serán desestimadas.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 24/02/2020 - 09/03/2020

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información