Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvención para o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo

Están dirixidas a fomentar o emprego mediante o emprendemento e/ou a consolidación do mesmo, a través de axudas para o aluguer de espazos en centros de coworking, de tal xeito que se mellore a colaboración entre empresas e/ou profesionais independentes doutras actividades, a fin de reducir custos de funcionamento e mellorar a información, formación, colaboración e a oferta de servizos empresariais, pero sempre xerando novas sinerxias.

A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é o fomento do emprego e a consolidación dos proxectos empresariais das persoas emprendedoras e das micropemes.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria correspondente, será de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, que será comunicado dende a Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) que opera como sistema nacional de publicidade de subvencións, nos termos do art. 30 da LPAC.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 26/05/2020 - 08/06/2020

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información