Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro orientadas á construción dun campo de béisbol na cidade de Vigo

O obxecto da subvención a que se refire as presentes bases é contribuír no financiamento dos gastos vinculados coa construción dun campo de béisbol en terreos de titularidade privada propiedade (ou cunha dispoñibilidade dos terreos mínima de 10 anos dende a data de concesión da subvención) de entidades con sede social na cidade de Vigo que xestionen instalacións deportivas e estean a desenvolver proxectos deportivos de interese para a cidade de Vigo, ou que contribuirá á dinamización e mellora da oferta deportiva da cidade, a través do desenvolvemento de actuacións de promoción da práctica do béisbol en todas as idades, para o cal o Concello de Vigo no seu ámbito competencial conta coa competencia propia en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 18/06/2020 - 16/07/2020

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información