Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino na tempada 2020-2021, ou do ano 2021 no caso de modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual.

Obxecto destas subvencións: promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais). Este apoio materializarase en contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento destes clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas e entidades deportivas do municipio de Vigo, durante a tempada deportiva 2020/2021, ou do ano 2021, no caso das modalidades deportivas cuxa tempada deportiva sexa anual.

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 21/05/2021.

Bases reguladoras publicadas no BOPPO núm. 99 do 27/05/2021.

Prazo para a presentación de solicitudes: do 02/06/2021 ata o 15/06/2021.

Extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 102 do 01/06/2021.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 02/06/2021 - 15/06/2021

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información