Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIS de Vigo con financiamento do plan estatal de vivenda 2013-2016 e as súas prórrogas

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 05 de abril de 2022, acordou aprobar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIS de Vigo con financiamento correspondente cos acordos de datas 14.03.2015, 27.10.2015 e 26.10.2017 do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal de Fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, e as súas prórrogas recollidas dentro do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de Vivenda 2018-2021 e as Addendas de data 17.11.2021 e 04.03.2022.

Prazo de presentación de solicitudes: Desde o día 09/05/2022 ata o esgotamento da financiación de cada convenio.

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información