Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións para financiamento de actividades socioculturais realizadas por empresas e/ou empresarios/as no auditorio-pazo de congresos "Mar de Vigo"

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión ordinaria celebrada con data 26 de maio de 2022, aprobou a convocatoria, bases reguladoras e extracto para subvencións para financiamento de actividades socioculturais realizadas por empresas e/ou empresarios/as no Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, no periodo comprendido entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022. Expediente: 4372-330.

Poderán solicitar subvención, ao abeiro desta convocatoria, as empresas, persoas xurídicas ou sociedades mercantís legalmente constituídas que reúnan os requisitos recollidos na convocatoria e bases reguladoras.

O ámbito de aplicación da presente convocatoria serán as actividades socioculturais realizadas nos espazos do Auditorio-Pazo de Congresos "Mar de Vigo", de conformidade coas normas de funcionamento e uso aprobadas polo acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de outubro de 2011.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 07/06/2022 - 05/07/2022

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información