Escudo Concello de Vigo
Perfil

Formación do censo electoral de estranxeiros residentes en España para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023

O día 28 de maio de 2023 terán lugar eleccións municipais.

Nestas eleccións poderán votar os nacionais de países da Unión Europea e de países que asinasen con España un acordo de reciprocidade de voto en eleccións municipais.

En relación á formación do censo electoral de estranxeiros residentes en España (CERE) infórmase do seguinte:

1. Nacionais de países da Unión Europea (UE)

Os cidadáns da UE residentes en España, que reúnan os requisitos esixidos aos españois para ser electores, poden exercer o dereito de sufraxio activo nas eleccións municipais se manifestan a súa vontade de voto nas mesmas.

1.1. Normativa

Resolución do 7 de setembro de 2010, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establecen os procedementos e se aproba o modelo de solicitude para a inscrición no censo electoral para as

eleccións municipais dos cidadáns nacionais de países da Unión Europea.

1.2. Manifestacións de vontade de voto en España para as eleccións municipais

As declaracións formais de manifestación de vontade de voto en España para as eleccións municipais poden realizarse por internet, correo postal ou persoalmente no Concello de residencia.

a) Por internet:

As e os cidadáns da UE residentes en España poden manifestar a súa intención de votar en España nas eleccións municipais (e tamén nas eleccións ao Parlamento Europeo se o desexan) por internet se acceden ao trámite da Sede electrónica do Instituto Nacional de Estatística (INE) https://sede.ine.gob.es/manifestacionVotoPermanente/presentacion mediante o sistema cl@ve. Este trámite é continuo.

b) No Concello de residencia :

Enchendo do impreso de declaración formal (modelo DFA) proporcionado pola Delegación Provincial da OCE e/ou o Concello nun ficheiro ou que a propia persoa interesada pode descargar

da sede electrónica do INE na dirección https://sede.ine.gob.es/manifestacionVotoPermanente/presentacion. A acreditación de identidade poderá facerse, ademais de coa tarxeta de estranxeiro onde figura o NIE, co documento de identidade ou pasaporte do seu país de orixe. Para tal efecto deberá acudir ao Servizo de Estatística, co orixinal do documento de identidade indicado.

1.3. Cartas

Para facilitar a manifestación de vontade de voto nas eleccións municipais, a Oficina do Censo Electoral (OCE) envíalles unha comunicación aos cidadáns da UE residentes en España, cos datos dos seus empadroamentos preimpresos. As comunicacións remitense unicamente a quen a OCE non se teña dirixido en eleccións municipais anteriores (altas en Padrón posteriores ao 30 de agosto de 2018) e non realizasen a declaración formal. Esta comunicación inclúe unha clave de tramitación telemática (CTT) que posibilita realizar a manifestación de voto en eleccións municipais por internet, sen ter acceso a cl@ve.

Quen recibe esta carta poderá manifestar a súa vontade de votar nas eleccións municipais por internet, con acceso a cl@ve ou coa CTT, ou por correo postal enviando a resposta á carta directamente á Delegación Provincial da OCE, sen necesidade de pagar franqueo.

1.4. Prazo

A manifestación de vontade de votar en España ten carácter permanente mentres a persoa interesada resida en España, salvo solicitude formal noutro sentido.

Para que teñan efecto no censo electoral vixente das eleccións municipais do 28 de maio de 2023, as altas en Padrón e as declaracións formais poderán realizarse ata o día 30 de xaneiro de 2023 (incluído).

As manifestacións presentadas despois do 30 de xaneiro de 2023, incluídas as que puidesen presentarse por reclamación aos datos de inscrición no censo electoral, non se incorporarán no censo vixente das eleccións do 28 de maio de 2023.

Formulario censo electoral de cidadáns da Unión Europea, non españois, residentes en España

2. Nacionais de países con Acordos de reciprocidade de voto para as eleccións municipais

As persoas residentes en España, nacionais de países con Acordos que recoñezan o dereito para votar nas eleccións municipais, que reúnan os requisitos neles establecidos para ser electores, poderán solicitar a inscrición no censo electoral para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

Os países con acordos en vigor son: Bolivia, Cabo Verde, Chile, Colombia, Corea, Ecuador, Islandia, Noruega, Nova Zelandia, Paraguai, Perú, Reino Unido e Trinidad e Tobago.

Tamén poderán solicitar a inscrición as e os nacionais doutros países cos que se establecesen acordos, se estes estivesen en vigor dentro do prazo de solicitude establecido.

2.1. Normativa

- Orde EHA/2264/2010, do 20 de xullo, pola que se ditan normas e instrucións técnicas para a formación do censo electoral de residentes en España que sexan nacionais de países con acordos para as eleccións municipais, modificada pola Orde ECC/1758/2014, do 23 de setembro.

- Resolución do 10 de novembro de 2022, da Oficina do Censo Electoral, pola que se establecen os procedementos e se apróba o modelo de solicitude para a inscrición no censo electoral de residentes en España de nacionais de países con acordos para as eleccións municipais.

2.2. Condicións para a inscrición

As condicións que deben reunir para ter dereito á inscrición son:

a) Ser maior de dezaoito anos e non estar privado/a do dereito de sufraxio activo.

b) Estar rexistrado/a no Padrón municipal de habitantes.

c) Estar en posesión da autorización de residencia en España.

d) Residir legalmente en España o tempo esixido no correspondente Acordo (tres anos o día da votación para os nacionais de Noruega, tres anos no momento da solicitude para nacionais de Reino Unido e cinco anos no momento da solicitude para o resto dos países). Este requisito poderase xustificar co achegamente dun certificado de residencia expedido pola Comisaría de Policía.

2.3. Procedementos e prazo de solicitude

As solicitudes de inscrición poderanse realizar por internet, correo postal ou persoalmente no Concello.

Para facilitar a solicitude de inscrición, a OCE remítelles unha comunicación as persoas estranxeiras residentes en España, nacionais de países cun Acordo de reciprocidade de voto, que reúnan as condicións establecidas no apartado anterior. Nesta comunicación aparecerán os seus datos persoais e de residencia preimpresos, obtidos da información do Rexistro Central de Estranxeiros e dos Padróns municipais existentes no INE. A información do padrón ten data de referencia o 30 de agosto de 2022. Esta comunicación inclúe unha clave de tramitación telemática (CTT) que posibilita realizar solicitude de inscrición por internet.

a) Por internet:

Para realizar a solicitude de inscrición por internet as persoas interesadas deberán acceder ao procedemento “Solicitude de inscrición” a través da Sede electrónica do INE, https://sede.ine.gob.es , acreditar a súa identidade mediante o sistema cl@ve e marcar a opción de solicitude de inscrición. Quen non dispoña de sistema cl@ve pode realizar a solicitude accedendo ao sistema co seu NIE e a clave de tramitación telemática (CTT) incluída na comunicación.

b) Por correo postal:

As persoas interesadas deberán enviar a resposta directamente á Delegación Provincial da OCE, sen necesidade de pagar franqueo.

c) No Concello de residencia:

As persoas interesadas que consideren que cumpren as condicións do acordo poderán presentar a solicitude persoalmente no Concello, previa identificación coa súa tarxeta de identidade de estranxeiro. (Para os nacionais de Noruega, Islandia e Reino Unido admítense ademais o documento nacional de identidade ou o pasaporte do seu país de orixe).

O tempo de residencia legal en España deberase xustificar cun certificado de residencia expedido pola oficina de estranxeiría ou comisaría de policía da provincia que corresponda. Hai que lembrar que a Dirección Xeral da Policía é o único organismo competente en temas de estranxeiría.

Para tal efecto deberá acudir ao Servizo de Estatística, co orixinal do documento de identidade indicado e co orixinal do certificado de residencia.

2.4. Prazo

O prazo de presentación das solicitudes establecido é do 1 de decembro de 2022 ao 15 de xaneiro de 2023.

As solicitudes que se presenten nos concellos deberán ser remitidas á OCE antes do 20 de xaneiro de 2023.

As solicitudes realizadas fóra de prazo, incluídas as que puidesen presentarse por reclamación aos datos de inscrición no censo electoral, serán desestimadas por incumprir este requisito.”

Formulario censo electoral de residentes en España nacionais de países con acordos para as eleccións municipais

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información