Escudo Concello de Vigo
Perfil

Concurso "Vente cos Reis Magos" 2022-2023

O concurso ten por obxecto seleccionar a nenas e nenos da cidade para acompañar ás súas maxestades nas carrozas reais na Cabalgata de Reis de Vigo o 5 de xaneiro de 2023. Poderán participar nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2014, que non participaran en edicións anteriores.

Para participar só será necesario cubrir a solicitude de participación (Boletín) que poderá descargarse en esta página. Así mesmo repartiránse exemplares entre centros cívicos e colexios. As inscricións depositaranse na caixa de correos Carteiro Real que se instalarán na entrada á Lonxa da Casa Concello e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Bouzas, Coruxo e Saiáns.

O período de inscrición será 9 ao 16 de decembro de 2022, ambos incluídos, (consultar horarios apertura dos centros cívicos).

O sorteo público realizarase o día 22 de decembro de 2022, ás 12 horas, no Auditorio Municipal da Casa Concello.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 09/11/2022 - 16/11/2022

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información