As presentes bases regulan o procedemento para a concesión de axudas ás familias do alumnado de centros docentes públicos e privados concertados, de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de educación especial sitos no termo municipal de Vigo, coa finalidade de paliar os efectos da actual crise económica de xeito que os gastos inherentes ao novo curso escolar lles resulten menos gravosos, tendo en conta o actual contexto socio-económico motivado polos altos niveis de inflación e a alza dos prezos.
Poderá facer a solicitude a través do procedemento específico habilitado ao efecto que estará disponible a partir do 3 de decembro de 2022.
Concello de Vigo
Servizo de Administración Electrónica
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).