Escudo Concello de Vigo
Perfil

Convocatoria de bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ano 2023

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria de data 31/03/2023 aprobou as Bases reguladoras e convocatoria específica das Bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOIV) correspondentes ao ano 2023, (expte. 45025/332) coas seguintes características básicas:

O obxecto destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado da EOIV, fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional. A bolsa vai destinada a financiar os conceptos de gastos da viaxe, aloxamento da estancia de 2 semanas en destino, matrícula e custo do curso de inmersión lingüística, certificado ou diploma acreditativo da realización do curso e seguro.

Destinatarios/as

Alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOI) (Sede Central e calquera das súas seccións) que cumpra os requisitos da convocatoria.

Número de bolsas a conceder / Destinos / Contías:

Nº de bolsas Destino Distribución por idioma / niveis do alumnado beneficiario Contía/bolsa (euro) Importe total (euro)

66

Reino Unido/Irlanda

Inglés B1, B2, C1, C2

1.700

112.200

11

Francia

Francés B1, B2, C1, C2

2.000

22.000

6

Alemaña / Austria

Alemán B1, B2, C1, C2

1.700

10.200

6

Italia

Italiano B2, C1, C2

1.700

10.200

4

Portugal

Portugués B2, C1, C2

1600

6.400

5

Xapón

Xaponés A2.2, B1, B2

2.000

10.000

2

Taiwán

Chinés A2.2, B1, B2

2.000

4.000

100

 

175.000

Información:

A convocatoria de solicitudes destas bolsas municipais para alumnado da EOIV desenvólvese nas páxina web https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv e/ou https://www.eoidevigo.org

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 25/04/2023 - 09/05/2023.

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información