SEDE ELECTRÓNICA

Subvencións para contribuír ao financiamento dos gastos da organización e difusión de actos sociais e encontros veciñais de fomento da Participación Cidadá, para o ano 2023

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellaría de Participación Cidadá e Distritos, aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 1/09/2023, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer, asociacións de veciños e sociedades culturais e recreativas, sen ánimo de lucro, constituídas legalmente como tales e inscritas nos epígrafes correspondentes do Rexistro Municipal de Asociacións, para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral. Están dirixidas a fomentar o asociacionismo e a participación cidadá, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Consideranse gastos subvencionables os realizados entre o 16 de outubro de 2022 e o 15 de outubro de 2023, que se encadren nalgún dos seguintes programas:

- Programa I: Gastos derivados de actividades de montaxe e desmontaxe de instalacións cubertas ou estruturas mobles similares, sempre que non impliquen cesión a terceiros onde realicen nelas actividades mercantís ou comerciais.

- Programa II: Gastos de organización de xogos populares.

- Programa III: Gastos para o deseño e impresión de publicacións.

Unha vez aberto o prazo pode realizar a solicitude a través do procedemento específico habilitado ao efecto

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 21/09/2023 - 30/09/2023.

Documentación

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información