SEDE ELECTRÓNICA

Subvencións do servizo de igualdade a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres no ano 2024

Estas subvencións teñen por obxecto contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de programas e/ou actividades de promoción das mulleres que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo entre o 1 de novembro de 2023 e o 31 de outubro de 2024 (ambos incluídos) e atendan a algunha/s das finalidades descritas nas bases reguladoras.

Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 26/04/2024.

Publicación das bases reguladoras no BOP de Pontevedra nº 87, de data 3 de maio de 2024.

Publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra nº 90, de data 8 de maio de 2024.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ( LPAC) establécese o emprego de xeito exclusivo de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 09/05/2024 - 23/05/2024.

Documentación

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información