
Subvencións para desenvolvemento de congresos, xornadas, conferencias, seminarios, ou foros para fomento da contratación de persoas en situación de desemprego 2025
Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas dirixidas ao financiamento de congresos, seminarios, xornadas ou calquera outro de igual ou similar natureza dirixidas á mocidade da nosa cidade, que mellore a dinamización empresarial, a contratación de persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.