SEDE ELECTRÓNICA

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro do concello de Vigo para a realización de programas de promoción das mulleres do ano 2026

Bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión de data 5/06/2026, publicadas no BOP de Pontevedra nº 110, de data 11 de xuño de 2026.

Publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra nº 112 , de data 15 de xuño de 2026.

Estas subvencións teñen por obxecto contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento de programas de promoción das mulleres que leven a cabo as entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo.

En cumprimento da obriga imposta polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC) establécese o emprego de xeito exclusivo de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 16/06/2026 - 30/06/2026.

Documentación

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información