Bases específicas para o desenvolvemento do proxecto de axudas orientadas a deportistas de alto nivel da cidade de Vigo
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases reguladoras e a convocatoria específica de axudas para potenciar o desenvolvemento de programas de adestramento e participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel.O prazo para que os/as solicitantes presenten as solicitudes a través do Rexistro electrónico do Concello de Vigo comezará ó día seguinte ó de publicación do extracto da convocatoria no BOP.
Convocatoria
- Prazo solicitudes: 03/07/2026 - 24/07/2026.
Documentación
- Bases reguladoras BOPPO nº 124 do 02/07/2026 (02/07/2026).
- Extracto da convocatoria específica BOPPO nº 125 do 03/07/2026 (06/07/2026).
- Anexo 1.1: Instancia de solicitude (06/07/2026).
- Anexo 1.3: Certificado individual de competicións de alto nivel (06/07/2026).
